Un escape de “gas tóxico” obriga á evacuación de 70 persoas en Vigo

Publicado por o día 27/08/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Un escape de “gas tóxico” obriga á evacuación de 70 persoas en Vigo

O pasado venres ás 10:12 horas recibiuse un aviso telefónico no 092 da Policía Local de Vigo, sobre un escape de gas tóxico.
 
Varias Unidades trasladáronse ao lugar onde foron informados que a incidencia era debida á rotura dunha batería, como consecuencia do cal se producise unha fuga de ácido sulfúrico.
 
En virtude ao establecido no protocolo de seguridade solicitouse a presenza de bombeiros e procedeuse á inmediata evacuación dos seus postos de traballo nas naves lindeiras dun total de 70 persoas, as cales non necesitaron asistencia médica.
 
Unha vez no lugar os técnicos do servizo de extinción de incendios, realizaron unha medición de gases tóxicos, comprobando que non existía perigo para as persoas.
 
Finalizada a intervención unha hora despois, os [email protected] [email protected] incorporáronse de forma paulatina aos seus respectivos postos de traballo.