Un escape room viguesa con intelixencia artificial, premiada pola súa pegada innovadora

Publicado por o día 20/06/2019 na sección de Galicia,Vigo

Un escape room viguesa con intelixencia artificial, premiada pola súa pegada innovadora

“Eskapark”, empresa dedicada á instalación e xestión de escape rooms (ou salas de escapismo), foi recoñecida como proxecto innovador polo Concello e o Centro Comercial Gran Vía de Vigo . Este xoves tivo lugar a entrega da terceira edición do galardón Wonderful á firma viguesa, premiada por achegar elementos diferenciados ao negocio, como o emprego da intelixencia artificial para o control dos xogos ou o uso da realidade virtual.

O concurso, que comporta premios de 500 en metálico, unha tablet e o acceso ao programa “start up with IBM” (valorado en 12.000 dólares), ademais do Wonderful LAB, forma parte dunha iniciativa de Lar España Real Estate Socimi, empresa propietaria do centro comercial vigués. Nel tamén participaron proxectos doutras provincias, como Madrid, Barcelona, Valencia, Biscaia ou Lugo. O acto celebrado hoxe estiveron presentes o concelleiro de comercio de Vigo, Ángel Rivas, cuxo departamento colabora co certame, o xerente da Gran Vía, Fernando Pinto, e o responsable de Wonderful Summit, Manuel de Carlos Scheffler.

O premio pon en valor a capacidade de Eskapark “” -que conta con sedes na Coruña e Santiago- para transformar o sector das salas de escape, en auxe nos últimos tempos, mediante a incorporación da “virtualización” e a “dixitalización” das súas instalacións, xa sexa a través de sensores de realidade virtual ou aumentada, ou co uso da intelixencia artificial na coordinación dos xogos.

Na súa intervención, Pinto, responsable da Gran Vía, mostrou a súa confianza en que o recoñecemento axude ao crecemento da empresa viguesa e resaltou a alta participación da sede de Pontevedra no concurso. “Estes recoñecementos e apoios supoñen un importante impulso ao noso crecemento”, pechou Jorge Martínez, CEO de Eskapark.

Comentar noticia

Your email address will not be published.