Un falecido e dous feridos despois dunha colisión frontal entre dous turismos en Dumbría

Publicado por o día 27/01/2020 na sección de Sucesos

Un home perdeu a vida e outros dous resultaron feridos a pasada noite nun choque frontal no que se viron implicados dous coches en Dumbría. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, os servizos de emerxencia tiveron que excarcerar á vítima mortal, ao quedar atrapada no interior dun dos vehículos accidentados.

O sinistro produciuse na AC-552, concretamente no punto quilométrico 80, en sentido A Coruña.

O 112 Galicia tivo coñecemento do ocorrido a través da alerta de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao fío das 23:00 horas.

A partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Cee e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.