Un falecido e unha muller ferida de carácter leve tras chocar dúas furgonetas en Ribadavia

Por o 08/05/2018 | Sección: Sucesos
Un falecido e unha muller ferida de carácter leve tras chocar dúas furgonetas en Ribadavia
Compartir en:

Un home faleceu esta mañá despois de chocar a furgoneta  que conducía contra outra furgoneta de reparto. A condutora do outro vehículo e única ocupante, resultou ferida de carácter leve segundo informou persoal do 061-Urxencias Sanitarias ao 112 Galicia.

Sobre as 09:20 horas desta mañá, distintos particulares alertaban ao 112 Galicia dun choque entre dúas furgonetas na A-52, dirección Ourense, no carril da saída a Ribadavia. Testemuñas que presenciaron o accidente relataron ao 112, que un dos vehículos envorcou na vía e a outra furgoneta quedou completamente esmagada nunha ponte sobre as vías do tren, co seu condutor falecido e atrapado no interior do turismo.

Debido ao impacto e á posición na que quedou a furgoneta, esta, corría risco de caer sobre as vías do tren. Por iso, foi necesario estabilizar o vehículo para que os profesionais puideran liberar á vítima. Tamén,  persoal de Adif comunicou ao 112 Galicia a interrupción da circulación férrea mentres duraron as tarefas de excarceración, evacuación e da retirada do vehículo.

Tras ser estabilizado o vehículo,  excarcerada e evacuada a vítima, unha guindastre procedeu á súa retirada e a circulación de trens totalmente restablecida.

Ademais do persoal sanitario do 061 e dos Bombeiros do Carballiño tamén participaron no operativo posto en marcha polos profesionais do CIAE, a Garda Civil de Tráfico e os  membros do GES de Ribadavia, así como  o persoal  de ADIF Emerxencias e do servizo de mantemento da estrada que se encargou da limpeza da vía.