Un gromo de COVID19 apraza as ecografías no Álvaro Cunqueiro

Un gromo con seis contaxios
Publicado por o día 16/12/2020 na sección de Coronavirus,Galicia,Vigo

Un gromo de COVID19 apraza as ecografías no Álvaro Cunqueiro

Un gromo con seis contaxios por covid-19 na área de radioloxía do hospital Álvaro Cunqueiro obrigou a adiar a realización de ecografías neste centro, segundo fontes do Sergas.

Os profesionais que deron positivo por coronavirus son dous radiólogos, dous técnicos e dous celadores, o que obrigou a reprogramar a actividade nunha sala de ecografía.

Segundo as fontes consultadas, a próxima semana estos profesionais acabarán o seu período de corentena, polo que está previsto que se incorporen ao seu traballo e se recupere a normalidade da actividade.

Comentar noticia

Your email address will not be published.