Este venres 10 pola tarde sobre ás 18:30H un grupo de activistas das organizacións ecoloxistas que integran o Movemento Galego polo Clima realizaron unha acción protesta pola catastrofe ecolóxica que está sucedendo en Australia, unha acción enmarcada nun día mobilizacións a nivel planetario.
Manifiesto
A grave e prolongada seca e as ondas de calor récord que está a sufrir o Australia están detrás destes graves incendios. Estas secas e olas de calor son consecuencia, entre outros factores, do cambio climático que esta sufrindo o noso planeta. O que está sucedendo en Australia ven antecedido pola devastación das lamas na Amazonia, California e noutros lugares que por desgraza non saen nas noticias. O que está sucedendo nas nosas antípodas pode sucedernos a nós e ter un desastre ecoloxico maior do que estamos acostumados cada verán porque a crise climática afecta a todo o planeta. A emerxencia climática é un grave problema que temos que abordar entre todas coin decisión e sen máis demoras. Por iso desde o Movemento Galego polo Clima en Vigo realizamos este acto coa intención de seguir chamando a atención sobre a necesidade de abordar sin dilación a crise climática con medidas drásticas respecto a emisión de CO2 á atomosfera.
Estes incendios catastróficos son froito dun complexo número de factores (aumento de vexetación seca e falta de xestión forestal, non ter en conta as zonas de risco de incendio na planificación urbanística, etc), e por suposto o cambio climático que, como dixemos, fai que os bosques estean en máxima vulnerabilidade en canto aparece o lume. Por iso, ademais de lidar coa devastación inmediata, o Goberno australiano debe tomar medidas serias para reducir as emisións a fin de limitar o impacto da crise climática na poboación australiana e outras persoas en todo o mundo. Os gobernos de todo o mundo tamén teñen a responsabilidade de establecer un vínculo claro entre a crise incendiaria de Australia e a emerxencia climática global. A redución na queima de combustibles fósiles en todo o mundo é clave para previr estes impactos catastróficos nun planeta cada vez máis quente.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.