Un home resultou ferido ao caerlle encima o coche que estaba arranxando na súa finca, en Ponteareas.
Foi o propio implicado quen chamou ao 112 Galicia para pedir axuda debido a que ningún veciño escoitaba os seus berros de auxilio.
Pasaban uns minutos das dúas da madrugada cando o home, que reaparaba un vehículo no lugar da Portela, chamou ao 112 para pedir axuda. Decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a intervención dos membros do GES-Bombeiros de Ponteareas, así como dos axentes da Policía Local e da Garda Civil.
Tamén acudiu unha dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que, finalmente, conseguiron levantar o vehículo e liberar ao ferido para poder trasladalo ao centro hospitalario de referencia.
Noticias de última hora en Vigo