Un home dá positivo en anfetaminas, opiáceos e cocaína na zona do Calvario

Publicado por o día 25/10/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Un home dá positivo en anfetaminas, opiáceos e cocaína na zona do Calvario

Este suceso tivo lugar esta mesma madrugada ás 01:40 horas, a Unidade de SINTRA da Policía Local de Vigo atopábase realizando labor de control e vixilancia en materia de Seguridade Viaria na zona do Calvario.
 
En atención a este labor, observaron un turismo que accedeu a un grupo semafórico en vermello, comezando a pasalo e invadindo o cruzamento que regulaba, cando se decatou da presenza da Dotación Policial, freando bruscamente.
 
O vehículo quedou detido sobre o paso peonil, procedendo os axentes para requirirlle para identificarse e actuar nos termos establecidos en arranxo á normativa vixente sobre a conduta mostrada.
 
O citado resultou ser R. G. C, natural de Pontevedra e 55 anos de idade. Durante a entrevista co aludido, os actuantes comprobaron que presentaba signos externos compatibles co consumo recente dalgún tipo de substancia estupefaciente.
 
A tal obxecto sometéuselle ao preceptivo test de drogas, arroxando esta proba un resultado positivo en anfetaminas, opiáceos e cocaína.
 
A maiores realizoulla un cacheo corporal e revisión de pertenzas, atopando unha botella plástica, con líquido preparado para enjuagar a boca antes dun test de drogas, evitando a detección do consumo mediante a proba.
 
Tamén levaba unha pastilla de metadona e papel de prata, empregado para o consumo de heroína, que aínda mostraba restos desa substancia.
 
Os axentes cumprimentaron o correspondente boletín de denuncia por infracción a LOPSC.
 
Designando o antedicho unha condutora alternativa, ao non poder realizar a condución e como alternativa á inmobilización do vehículo.