Un home é detido na Praza América por quebrantar a orde de afastamento

Publicado por o día 15/10/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Un home é detido na Praza América por quebrantar a orde de afastamento

Esta mesma madrugada, ás 04:35 horas unha Patrulla da Policía Local de Vigo atopábase na contorna de Praza de América realizando labores de control e prevención en materia de Seguridade Cidadá.

En atención a este labor, observaron na terraza dunha cafetería a unha parella que discutían de forma acalorada, alterando con esta conduta a orde pública, e o descanso dos veciños da zona.

Ao obxecto de tranquilizar a situación e mediar no conflito, os axentes dirixíronse a ambos, os cales ao decatarse da súa presenza, trataron de aparentar normalidade baixando o ton e departindo amistosamente.

Esta conduta levantou as sospeitas dos Actuantes que procederon á súa identificación. A muller resultou ser: M. M. L. P, de Vigo e 36 anos de idade, sendo o home, M. C, Esloveno de 46 anos de idade.

Procedendo á verificación dos datos do citado, mediante cotexo co sistema telemático, os axentes pescudaron que tiña en vigor unha medida de protección ditada polo Xulgado do Penal n.º 1 desta cidade.

Concretamente unha orde de afastamento que lle impedía aproximarse á muller coa que se atopaba nese mesmo momento.

En atención a esta cuestión Procederon á detención do filiado pola Comisión dun Delito de Quebrantamento de Condena.

Comentar noticia

Your email address will not be published.