Un home en apuros logra saír do río coa axuda dos bombeiros, en Salvaterra de Miño

Publicado por o día 04/08/2020 na sección de Sucesos

Un home en apuros logra saír do río coa axuda dos bombeiros, en Salvaterra de Miño

A primeira hora desta mañá, os Bombeiros do Baixo Miño axudaron a un home que tiña dificultades para saír do río, en Salvaterra.

Segundo explicaron os efectivos de salvamento, o mozo, de nacionalidade portuguesa, botouse ao río dende a ponte que comunica Galicia e Portugal e baixou uns 200 metros polo leito ata que puido resgardarse nunha zona illada. Alí chegou un bombeiro para axudarlle a saír do río e facilitar a asistencia médica, xa que presentaba síntomas de hipotermia.

O rescate realizouse despois de recibir o 112 Galicia a chamada de alerta dunha persoa particular que escoitaba os berros de auxilio do rapaz. Eran preto das oito desta mañá e, a partir de aí, activouse un operativo no que participaron os Bombeiros do Baixo Miño, axentes da Garda Civil e os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Tamén foi informado o persoal da Comandancia Naval do Miño, así como os Bombeiros-GES de Ponteareas por se fose necesaria a súa intervención.

Comentar noticia

Your email address will not be published.