Un home, evacuado ao Álvaro Cunqueiro por inhalación de fume

Publicado por o día 01/11/2018 na sección de Sucesos

Un home, evacuado ao Álvaro Cunqueiro por inhalación de fume

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta madrugada a un home intoxicado pola inhalación do fume dun incendio orixinado no cuarto da caldeira.

Ocorreu á unha desta madrugada nunha vivenda situada na Fonte da Pedra, no concello pontevedrés de Salceda de Caselas. Ata alí acudiron os Bombeiros do Baixo Miño para sufocar o lume que calcinou unha pila de enseres acumulados a carón dunha caldeira.

Foi o propio afectado quen se puxo en contacto co 112 Galicia para pedir axuda en canto se decatou do incendio nun cuberto anexo á vivenda. Ademais dos bombeiros, ao lugar desprazouse tamén unha dotación do 061-Urxencias Sanitarias para atender ao dono da casa debido a que empezou a mostrar síntomas de intoxicación por inhalación de fume. Desta maneira, foi evacuado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo co fin de recibir tratamento.