Un home, evacuado tras inhalar fume dun incendio declarado na súa vivenda en Narón

Por o 14/10/2018 | Sección: Sucesos
Un home, evacuado tras inhalar fume dun incendio declarado na súa vivenda en Narón

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta mañá a un home que resultou afectado ao inhalar fume dun incendio declarado na súa vivenda.

Os feitos ocorreron pasadas as oito desta mañá na Rúa Manuel de Cal, en Xubia (Narón). Os veciños, alarmados, chamaron ao 112 Galicia ao ver fume saíndo do inmoble do número 780. Decontado, informouse aos bombeiros da localidade para atallar o incendio orixinado na cocina, posiblemente na campá extractora. Ademais do aparato, resultaron calcinados os mobles do redor e o dono do piso tivo que ser trasladado ao inhalar fume.

Para atender ao afectado, acudiu ao lugar unha dotación do 061-Urxencias Sanitarias e no operativo colaboraron,tamén, os axentes da Policía Local e os efectivos do servizo local de emerxencias.

Comentar noticia

Your email address will not be published.