Un home, excarcerado despois de envorcar o turismo no que circulaba en Silleda

Publicado por o día 06/10/2018 na sección de Sucesos

Un home, excarcerado despois de envorcar o turismo no que circulaba en Silleda

Un home resultou ferido esta mañá en Silleda ao saírse da vía o coche no que viaxaba, que rematou envorcado. Segundo puido saber o 112 Galicia, o varón tivo que ser excarcerado polos Bombeiros do Deza, ao quedar atrapado no interior do turismo accidentado.

Os feitos ocorreron na N-525, sentido Santiago, ao fío das 9:20 horas. Nese momento, unha persoa particular alertaba do sinistro ao 112 Galicia e, decontado, o persoal do 112 Galicia puxo a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, que mobilizou ata o lugar do accidente o helicóptero medicalizado con base en Santiago. Ademais, os xestores do 112 Galicia pasaron o aviso aos membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento do Deza, á Policía Local e á Garda Civil de Tráfico.