Un home falece como consecuencia dunha colisión entre un turismo e un camión en BarallaUn home falece como consecuencia dunha colisión entre un turismo e un camión en Baralla

Por o 10/09/2018 | Sección: Sucesos
Un home falece como consecuencia dunha colisión entre un turismo e un camión en BarallaUn home falece como consecuencia dunha colisión entre un turismo e un camión en Baralla

Un home perdeu a vida esta tarde despois de colidir o turismo que conducía cun camión na N-VI, ao paso pola localidade lucense de Baralla.

O 112 Galicia rexistrou o suceso pasadas as dúas desta tarde tras recibir a chamada de alerta dunha persoa que viu como o coche quedaba encaixado baixo o camión no Lugar da Valiña. Así, desde o 112, solicitouse pois a axuda dos Bombeiros de Sarria, que acudiron ao punto cun equipo de excarceración para liberar á vítima. Tamén foi mobilizado o helicóptero medicalizado con base en Ourense por parte do 061-Urxencias Sanitarias, pero foi anulado pouco despois ao confirmarse o falecemento do condutor do turismo. En canto ao camioneiro, os servizos de emerxencias indicaron que resultou ileso.

Cómpre sinalar que neste operativo participaron, ademais, os membros do GES de Becerreá e os axentes da Garda Civil de Tráfico.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.