Un home falece en Moaña despois de caer dunha altura mentres pescaba

Un home faleceu esta madrugada tras sufrir unha caída mentres pescaba no Porto deportivo de Domaio, en Moaña.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia dos feitos ao redor das 02:15 horas, a través dunha persoa particular que chamou para solicitar asistencia sanitaria para o home. Indicaba que o señor caera e se precipitara desde unha altura.

De inmediato, os xestores do CIAE puxeron en alerta ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que tras chegar ao lugar e malia os esforzos, nada puideron facer por salvarlle a vida.

Os Bombeiros do Morrazo e os axentes da Policía Local tamén se desprazaron ao lugar dos feitos nada mais ser alertados polo 112 Galicia.

Noticias de última hora en Vigo

SIGUENOS EN TELEGRAM