Un home falece en Redondela ao bater o coche no que circulaba contra un camión

Publicado por o día 30/08/2019 na sección de Galicia,Redondela,Sucesos

Un home falece en Redondela ao bater o coche no que circulaba contra un camión

O condutor dun turismo perdeu a vida a pasada noite en Redondela despois de que o vehículo no que viaxaba chocase contra un camión que, nese momento, atopábase estacionado.

O accidente tivo lugar na Avenida de Redondela, ao fío das 23:55 horas.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, os servizos de emerxencia tiveron que excarcerar o corpo sen vida do condutor, ao quedar atrapado no interior do coche.

Foi unha persoa particular quen daba a voz de alarma ao 112 Galicia e, decontado, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061,  dos Bombeiros do Porriño e de Vigo, da Policía Local, da Garda Civil de Tráfico e de Protección Civil de Redondela.