Un home falece nunha colisión entre dous camións en Coirós

Publicado por o día 07/01/2019 na sección de Sucesos

Un home falece nunha colisión entre dous camións en Coirós

O condutor dun camión faleceu esta mañá tras un accidente na A-6, en Coirós, no punto quilométrico 561, no que se viron implicados dous camións.

Ao redor das 10:30 horas, varios particulares puxéronse en contacto co 112 Galicia para informar dunha colisión cun ferido posiblemente atrapado dentro dun dos vehículos involucrados.

De inmediato, os xestores do CIAE 112 alertaron ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Betanzos, à Garda Civil de Tráfico e tamén ao servizo de mantemento da autovía.

Unha vez no lugar do accidente, os servizos de emerxencia confirmaron que o condutor do camión, única vítima do sinistro, se encontraba  atrapado e falecido no interior do vehículo.

Nestes momentos, os Bombeiros de Betanzos se atopan no lugar do accidente á espera da autorización das forzas da orde para levar a cabo a excarceración do corpo do falecido.

Accidente en Muxía

Ademais, un home de idade avanzada tivo que ser trasladado a un centro médico despois de saírse da vía o turismo no que circulaba. Sucedeu en Muxía, no punto quilométrico 2,500 da estrada DP-5201, uns minutos despois das 10:00 horas.

Unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do accidente e, nada mais recibir a alerta do sinistro, os xestores do CIAE-112 pasaron o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Policía Local, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil e aos Bombeiros de Cee.