Un home foi evacuado en helicóptero tras caer dunha escaleira mentres recollía froita en Paderne de Allariz

Arredor das 12:00 horas de hoxe, un home tivo que ser trasladado nun helicóptero medicalizado despois de sufrir unha caída cando estaba a podar árbores.

Os feitos tiveron lugar este mediodía no lugar do Pazo, no concello ourensán de Paderne de Allariz. Desde alí, foi un veciño, que pasaba polo lugar, quen contactou co 112 Galicia para solicitar asistencia médica para o señor ferido.

Nese mesmo momento, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informou aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos axentes da Garda Civil e aos membros do GES de Pereiro e de Protección Civil da localidade.

Finalmente, o home foi evacuado na aeronave cara o centro hospitalario de referencia.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM