Un home foi rescatado tras caer por unha pendente en Abegondo

Publicado por o día 21/08/2020 na sección de Sucesos

Un home foi rescatado tras caer por unha pendente en Abegondo

Os servizos de emerxencias rescataron a tarde de onte a un home que caeu por un desnivel duns seis metros cando camiñaba por un monte da parroquia de Sarandós, no concello coruñés de Abegondo.

Unha vez estabilizado, o ferido foi evacuado ao centro hospitalario de referencia para ser atendido das importantes lesións provocadas pola caída.

O persoal do 112 Galicia tivo constancia do suceso minutos despois das sete da tarde a través dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que pediron a colaboración dos efectivos de rescate para evacuar a un ferido que se precipitou por un desnivel de difícil acceso.

Decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE) 112 Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Ordes e de Betanzos co fin de traballar, xunto cos profesionais sanitarios, no rescate e atención ao ferido. No operativo tamén participaron os voluntarios de Protección Civil da localidade, quen confirmaron o rescate e traslado da persoa ferida ata a ambulancia sen que fose necesaria xa a intervención dos bombeiros.

Comentar noticia

Your email address will not be published.