Un home insulta e suxeita do pescozo á súa parella de 16 anos en Navia

Publicado por o día 26/07/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Un home insulta e suxeita do pescozo á súa parella de 16 anos en Navia

O pasado mércores, 14:25 horas, recibiuse unha chamada na Sala de Comunicacións do 092 da Policía Local de Vigo, a chamada viña procedente desde a parroquia Navia, onde segundo un informante un mozo moi agresivo estaba a causar desfeitas nunha casa. A Patrulla trasladouse ao lugar en emerxencia, onde lles requiriu unha muller que lles manifestou que o noivo da súa filla levantouse da cama tras durmir no domicilio desta, comezando a insultala e suxeitándoa polo pescozo.

Ante este xesto a solicitante interpúxose entre ambos, momento no que el comezou a mostrarse máis agresivo e a esnaquizar a vivenda. Ambas as mulleres aproveitaron para fuxir, sendo alcanzadas polo agresor no descansillo das escaleiras, quen novamente empuxou á súa noiva B.G, de 16 anos de idade, e ao non lograr derrubala propinoulle un cabezazo no nariz á nova.

A agresión á chegada da dotación cesara e a menor ratificou a versión da súa nai, indicando que a súa parella volveuse cada vez era máis agresivo e controlador na relación.

A Polícia Local entrevistouse co agresor e pasaron a sua identificación, era J.J.C.M, nado en Venezuela de 17 anos de idade, recoñeceu perder os nervios e asumiu como certo o episodio denunciado por ambas as mulleres.

A patrulla actuante ao aplicar o protocolo policial nestes casos, solicitou comprobación de datos persoais do agresor na base informática, pescudando que o citado atópase fuxido dun centro de menores desta cidade, procedendo á súa inmediata detención pola comisión dun delito de violencia de xénero.