A Policía detivo a parella da muller que apareceu morta na súa casa con feridas de arma branca. O home, que mantiña unha relación coa vitima desde o verán, está acusado de cometer este crime machista. Os axentes buscábano desde onte á noite.
Este sábado prénderono e xa está en dependencias xudiciais, ás espera de pasar a disposición xudicial. O caso lévao o xulgado número dous de Lugo e a titular, que estivo presente no levantamento do cadáver, ordenou o segredo sumarial.
Foi a nai da vítima a que onte á noite descubriu o corpo sen vida da súa filla, cando a foi visitar ao seu piso, situado neste bloque de vivendas das Gándaras. Eran as dez da noite e daquela chamou o 112 e foi o propio servizo de emerxencias o que alertou a Policía Nacional, que de inmediato desprazou varias patrullas ata a vivenda da muller asasinada, un piso no que vivía soa cos seus dous cans.
Esta é a novena vítima da violencia machista en España no que levamos de ano, a segunda en Galicia logo do crime da Pastoriza no que un octoxenario matou á muller e despois suicidouse.
Consternación entre os veciños da rúa da Ferraría, no barrio lugués das Gándaras, onde a falecida era unha persoa moi coñecida.
Última hora
O home que matou a súa parella nas Gándaras confesoulles o crime aos seus achegados, xusto antes de que a Policía o detivese no domicilio familiar. Matou a coiteladas a muller coa que mantiña unha relación desde antes do verán. Algúns veciños aseguran que xa se rexistraran episodios anteriores de violencia machista.
O detido foi interrogado polos axentes e permanece en dependencias policiais á espera de que declare nos xulgados nas vindeiras horas.
Condea en Galicia
Galicia acollera mañá numerosas concentracións en repulsa deste asasinato, en Vigo dende o Feminismo unitario de Vigo convocan unha vez mais a amosar na rúa a sua total repulsa ao feminicidio e o novo asasinato machista na Galiza.
É o segundo asasinato machista na Galiza no que vai de ano, desta volta en Lugo.
Dende Feminismos unitario Vigo fan un chamado para participar nas concentracións en xeral e en concreto a que terá lugar na nosa cidade o luns 10 de febreiro ás 20:00h diante do MARCO ao berro “Non é un caso aillado é o Patriarcado!””Queremonos vivas e libres!”.
Cartaz da convocatoria
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.