Un home faleceu ao mediodía de hoxe ao chocar o tractor que manexaba contra unha casa no lugar de Placín, no concello ourensán de Manzaneda.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ao fío das 14:00 horas a través da chamada de alerta dos servizos sanitarios de urxencia. Segundo a información facilitada ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a vítima atopábase liberada e accesible pero, desafortunadamente, nada puideron facer por salvarlle a vida.
Co fin de prestar apoio ao equipo médico, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención dos axentes da Garda Civil de Tráfico e de Protección Civil de Manzaneda. Ademais, informouse tamén aos membros do GES de Castro Caldelas. As forzas da orde tratan de aclarar as circunstancias do suceso.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.