Un home que manexaba borracho polo Calvario provoca a intervención policial

Publicado por o día 05/11/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Un home que manexaba borracho polo Calvario provoca a intervención policial

O pasado día sábado unha Dotación do G. O. A. atopábase na zona do Calvario realizando labores de vixilancia e control en materia de Seguridade Viaria.

En atención a este labor, procederon a dar o alto ao condutor dun vehículo, realizando cotexo da base telemática co fin de comprobar a situación do mesmo.

No transcurso da entrevista co citado, observaron que presentaba evidentes síntomas de atoparse baixo os efectos do consumo de bebidas alcohólicas, convidándolle a someterse á preceptiva proba.

Foi no momento de apearse do vehículo que caeu un envoltorio plástico que contiña unha substancia polvorienta de cor branca, posiblemente cocaína, a resultas do cal se lle realizou un cacheo superficial, localizando no peto dereito do seu pantalon tres emboltorios máis.

A maiores, revisouse o vehículo, atopando oculta nun compartimento baixo a radio unha navalla de 8 cm de folla.

A partir dese momento cursáronse denuncias administrativas por tenencia, alcoholemia positiva, resultado positivo do test de drogas (cocaína), e acta de incautación da navalla.

O apuntado resultou ser D. L. A, de Vigo e 35 anos de idade, sendo informado a maiores que tamén se cursarían denuncias á titular do vehículo por ter a ITV caducada e carecer de Seguro Obrigatorio, así como circular cun vehículo dado de baixa temporal.

Comentar noticia

Your email address will not be published.