Un home que xa fora detido por Violencia de Xénero, volve pegar á súa muller

Publicado por o día 18/09/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Un home que xa fora detido por Violencia de Xénero, volve pegar á súa muller

Cando os veciños dun inmoble da rúa Cuba escoitan golpes e berros, chaman ao 092 ante unha situación que parece non acougarse. Cando unha patrulla chega ao lugar do suceso localizan, no seu domicilio, a unha muller de 55 anos de idade que confirma ser agredida pola súa parella, un home de 66 anos, o cal abandonou o lugar antes da chegada dos axentes. A muller, indica que a súa parella xa estivo detida por outras agresións e que é un home que se pon moi nervioso facilmente e sen motivo algún.
 
Ás 22:32 horas do día de onte, se recibian varias chamadas na Sala do 092 como consecuencia dos berros e golpes que se escoitaban nun domiclio da rúa Cuba.
 
Cando unha patrulla chega ao lugar dos feitos, a vítima confírmalles a agresión que sufrira pola súa parella, apreciando na muller diversos hematomas que afectaban os seus brazos e pernas.
 
Respecto diso do paradoiro do autor das lesións, a muller, indica que se ausentou, sen saber como poder localizarlle, polo que os axentes pídenlle o seu nome, apelidos e descrición física ao obxecto de poder atoparlle mediante o dispositivo de rastrexo que se poñía en marcha.
 
Así mesmo, a muller di sufrir outras agresións a mans do mesmo home, quen xa fora detido por Violencia de Xénero, e que describe como unha persoa que adoita poñerse moi nerviosa e onde, no día de hoxe e sen motivo algún, comezou a suxeitala fortemente polos brazos mentres lle dicía que a mataría se volvía denunciarlle.
 
Ante as lesións que presentaba a vítima, os servizos médicos acudíronse o domicilio e unha vez fué asistida das feridas que padecía, estenderon o correspondente “Parte de Lesións” que remiten ao Órgano Xudicial por uns feitos que puidesen ser constitutivos de infracción penal. Segundo despréndese da exploración á que fué sometida, aprécianse diferentes negróns en brazos, pernas, costas, cadeira e glúteos, os cales advirten de lesións anteriores a teor da tonalidade que presentan. No que respecta ao dispositivo de procura non fué posible dar co home, polo que se confeccionan as oportunas dilixencias que se remiten ao Xulgado de Garda.
 
Noutra orde de cousas, un veciño de Vigo, sobre o que existía unha Orde de Detención e Presentación emitida por un Xulgado da cidade, foi detido ás 21:45 horas de onte na paroquia de San Andrés de Comesaña. Os axentes do 092, adscritos á Unidade Ambiental de Intervención Rural, localizaron ao reclamado cando efectuaban as revisións periódicas de seguridade que se establecen para as zonas máis afastadas da cidade, e que resultou ser un home de nacionalidade Española, de 31 anos e identificado como M. R. C.