Un home resulta ferido ao caerlle unha rama de árbore enriba en Trazo

Publicado por o día 10/01/2020 na sección de Sucesos

Un home resulta ferido ao caerlle unha rama de árbore enriba en Trazo

Un varón foi evacuado en ambulancia ata o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago tras ser golpeado pola rama dunha árbore mentres realizaba unha poda nunha finca privada no lugar de Gundille, na parroquia de Chaián.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia por Urxencias Sanitarias de Galicia-061, nun principio, os profesionais sanitarios valoraban a posibilidade de mobilizar ao  helicóptero medicalizado aínda que, finalmente, a súa intervención quedou descartada ao comprobar que o estado do ferido era estable.

Co fin de prestar apoio aos servizos sanitarios, desde o 112 Galicia requiriuse tamén a colaboración dos axentes da Garda Civil.

Comentar noticia

Your email address will not be published.