Un home resulta ferido en Oza-Cesuras despois de envorcar o tractor que manexaba

Publicado por o día 25/04/2020 na sección de Sucesos

Un home resulta ferido en Oza-Cesuras despois de envorcar o tractor que manexaba

Un home resultou ferido despois de envorcar o tractor que manexaba cando realizaba traballos nunha finca particular.

Afortunadamente, aínda que ata o lugar se desprazaron os Bombeiros de Betanzos, despois de ser avisados polo 112 Galicia, o ferido atopábase totalmente accesible e non foi preciso o uso de material de excarceración.

Foi un veciño quen, ao fío das 12:00 horas deste mediodía, chamou ao 112 Galicia para alertar do accidente. Indicaba que todo ocorrera nunha finca particular situada en O Aguieiro, Porzomillos, no concello coruñés de Oza-Cesuras. Así mesmo, aseguraba que o home non estaba atrapado.

Ademais de alertar ao persoal do Servizo Sanitario de Urxencias de Galicia-061 e aos Bombeiros de Betanzos, os xestores do 112 informaron dos feitos aos axentes da Garda Civil e aos membros do GES de Curtis.

O ferido foi trasladado polos profesionais sanitarios ao Hospital Clínico Universitario da Coruña.

Comentar noticia

Your email address will not be published.