Un home resultou ferido ao caer á ría de Viveiro durante a baixamar

Publicado por o día 18/08/2020 na sección de Sucesos

Un home resultou ferido ao caer á ría de Viveiro durante a baixamar

Un home resultou ferido ao caer á ría en Viveiro durante a baixamar.

Segundo a información recibida no 112 Galicia, o afectado bateu contra o leito mariño ante a ausencia de auga e recibiu un forte golpe na cabeza.

Ademais, necesitou a axuda dos bombeiros para saír do foso e recibir os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que agardaba en terra o remate da actuación dos bombeiros.

Os feitos sucederon ao fío das oito da tarde de onte na Avenida Ramón Canosa, na localidade lucense. Alí acudiu a dotación do Parque Comarcal de Bombeiros, alertados polo persoal do 112 Galicia despois de recibir na central o aviso dos axentes da Policía Nacional.

Aparece inconsciente nunha zona de monte, en Castrelo do Val

Apenas media hora más tarde, o 112 Galicia tamén tivo coñecemento da localización dun varón inconsciente e cun golpe na cabeza nunha zona de monte en Castrelo do Val (Ourense). Para axilizar a atención e evacuación do ferido, desprazouse un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense.

Foi unha persoa particular quen deu co home e quen chamou ao 112 Galicia para solicitar asistencia médica urxente. Indicou que o home estaba tendido inconsciente nunha zona de monte do lugar de Campobecerros. Así, activouse un operativo no que, ademais dos profesionais sanitarios, participaron os axentes da Garda Civil e os membros do GES de Laza.

Comentar noticia

Your email address will not be published.