Un home resultou ferido de consideración cando trataba de subirse a un tren na estación de Ourense

Por o 13/10/2018 | Sección: Sucesos
Un home resultou ferido de consideración cando trataba de subirse a un tren na estación de Ourense

Un home resultou ferido esta mañá cando intentaba subirse a un tren na estación do Empalme en Ourense.

Os feitos aconteceron ás once desta mañá cando o home trataba de alcanzar un convoi xa en marcha e caeu a vía. O golpe que recibiu fíxolle perder momentaneamente a consciencia, polo que o persoal da estación chamou decontado ao 112 Galicia para pedir asistencia médica urxente.

Tras os primeiros coidados, os profesionais sanitarios lograron estabilizalo e trasladárono ao Hospital Cristal Piñor. Nas tarefas de asistencia ao ferido, tamén colaboraron os bombeiros da cidade, pois axudaron a sacar ao home da vía e levalo ao punto de atención creado para o efecto.

Pola súa banda, os axentes da Policía Nacional recabaron a información necesaria para determinar que o home caeu á vía cando trataba de chegar a un tren en marcha.

Comentar noticia

Your email address will not be published.