Os feitos tiveron lugar cando traballaba nun monte próximo a parroquia de Merza, no concello de Vila de Cruces.
Foi o propio implicado quen, ás 11:15 horas, chamaba ao 112 Galicia para solicitar asistencia médica tras sufrir unha caída dunha altura duns tres metros. Segundo indicaba, non podía precisar a súa localización, polo que os xestores de emerxencias guiaron o traballador para enviar as súas coordenadas a través do sistema de xeolicalización da aplicación Whatsapp.
Nada mais ter constancia da localización exacta, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención dos servizos sanitarios de urxencia, que mobilizou un helicóptero medicalizado ata o punto xeolocalizado.
Compre destacar que o 112 Galicia informou tamén aos axentes da Garda Civil e aos voluntarios de Protección Civil da localidade para colaboración no operativo de rescate do traballador ferido.
Noticias de última hora en Vigo