Un home saca a empuxóns e a golpes á súa parella do salón e logo a pecha nunha habitación a modo de castigo

Publicado por o día 04/11/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Un home saca a empuxóns e a golpes á súa parella do salón e logo a pecha nunha habitación a modo de castigo

Unha chamada no 092 da Policía Local de Vigo este sábado ás 18:20 horas, alertaba sobre un suposto novo episodio de violencia de xénero na zona de Teis.

Ao lugar indicado dirixiuse unha patrulla entrevistándose coa solicitante do servizo V. T, de Vigo e 27 anos de idade, mostrando unha actitude moi tímida e cohibida.

Tratando de iniciar o relato dos feitos, é abordada desde o interior do domicilio por un home, a súa parella, que a increpa por chamar á unidade.

Tras dialogar con ambos, os axentes conseguen entrevistalos por separado, comentando a muller que ese mesmo día, a súa parella iniciara unha discusión con ela por unha cuestión intranscendente e cotiá, no transcurso da cal, sacouna a golpes e empuxóns do salón da vivenda para acto seguido encerrala nunha habitación a modo de castigo.

É durante o peche que a citada realizou a chamada obxecto da presenza policial no lugar, engadiu que é habitual que o home a prive do uso dalgunha das estancias, ao amparo de que é titular da vivenda, a pesar de que ela colabora cos gastos.

Pola súa banda, o aludido negou todo o manifestado pola súa compañeira, amparándose en que non está corda.

En atención ao manifestado pola muller, o apuntado como C. F. G, de Vigo e 35 anos, foi detido pola comisión dun Delito de Violencia de Xénero.

Comentar noticia

Your email address will not be published.