Un home sofre queimaduras nos pés a causa dun incendio na súa cociña, en Vigo

Publicado por o día 07/08/2020 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Un home sofre queimaduras nos pés a causa dun incendio na súa cociña, en Vigo

Un home sufriu queimaduras nas plantas dos pés debido a un incendio declarado na súa vivenda, en Vigo.

En concreto, ardeu a campá extractora e algúns mobles da cociña dun inmoble situado na Rúa Méndez Pelayo.

Alí acudiron os profesionais sanitarios para atender ao ocupante da vivenda que, se ben cría ter controlado o lume, sufría as consecuencias dunha casa chea de fume e das lesións provocadas nas plantas dos pés. Deste xeito, tras recibir os primeiros coidados, foi evacuado á Clínica Fátima de Vigo.

Este operativo activouse no 112 Galicia tras recibir o aviso de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 preto das cinco desta madrugada. A partir de aí, o persoal do Centro Integral de Atención ás Emerxencias solicitou a intervención dos Bombeiros de Vigo e pediu a colaboración dos axentes da Policía Nacional.

Comentar noticia

Your email address will not be published.