Un home, trasladado ao inhalar fume tras un incendio nunha vivenda en Carballo

Por o 07/01/2019 | Sección: Sucesos
Un home, trasladado ao inhalar fume tras un incendio nunha vivenda en Carballo

Un home tivo que ser evacuado a un centro hospitalario despois de inhalar fume nun incendio declarado na súa vivenda no lugar de Barreira en Carballo. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o lume se orixinou na parte traseira dunha neveira.

Os feitos tiveron lugar ao fío das 14:35 horas. Nese momento, unha persoa particular alertaba do incendio ao CIAE 112 Galicia. Acto seguido, os xestores pasaban o aviso aos Bombeiros do Carballo, aos servizos sanitarios de urxencia e aos axentes da Garda Civil. Así mesmo informouse a Policía e Protección Civil da localidade.

Unha vez na vivenda, os membros Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Carballo puideron comprobar que o home non podía sair da vivenda e atopábase nunha fiestra polo que unha vez evacuado, sufocaron o lume e que afectou tamén a parte da cociña.

Comentar noticia

Your email address will not be published.