Un incendio arrasa o 80 por cento dunha casa rural en Navia de Suarna

Por o 12/10/2018 | Sección: Sucesos
Un incendio arrasa o 80 por cento dunha casa rural en Navia de Suarna

Un incendio arrasa o 80 por centro dunha edificación destinada a casa rural e restaurante no concello lugués de Navia de Suarna.

O lume está extinguido, aínda que no lugar permanece un retén do GES de Becerreá para atender a posibles rescaldos que poidan reavivar.

Por fortuna, ninguén resultou ferido nin afectado polo intenso fume provocado polo incendio que foi detectado por varias persoas que chamaron ao 112 Galicia cando daban as tres desta tarde. Alí acudiron os Bombeiros de Sarria, os membros do GES de Becerreá, a Central de Incendios da zona e recursos e medios de extinción do Concello de Navia de Suarna.

Tres horas despois, os servizos de emerxencias lograban sufocar o incendio que, con todo, calcinou o 80 por centro do caserío destinado tamén a restaurante do lugar de Meiroi. De forma preventiva, permanecerán na zona membros do GES para facer fronte a posibles focos que poidan reactivarse.

Non foi o único incendio rexistrado esta tarde na provincia de Lugo. Tamén na cidade das murallas un lume calcinou por completo a cociña dunha vivenda situada na Rúa Río Ser. Sucedeu pasadas as dúas da tarde e tampouco houbo persoas feridas.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.