Un incendio arrasa por completo unha vivenda en Abegondo sen causar feridos

Publicado por o día 18/08/2020 na sección de Sucesos

Un incendio arrasa por completo unha vivenda en Abegondo sen causar feridos

Un incendio devora por completo unha vivenda de Abegondo sen que ninguén resultase afectado.

Malia que o lume está apagado, os bombeiros continúan no lugar debido ao intenso fume que aínda se desprende.

Dúas horas levan os Bombeiros de Betanzos traballando neste incendio que arrasou por completo unha vivenda situada no lugar do Cal, en Abegondo. Por fortuna, ninguén resultou ferido, mais os danos materiais son importantes, pois a vivenda está completamente afectada.

Foi un veciño quen chamou ao 112 Galicia sorprendido polas lapas tan próximas á súa casa e o seu rápido avance. Así, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisou aos Bombeiros de Betanzos e aos voluntarios de Protección Civil da vila. Tamén pediron a colaboración do Distrito Forestal da zona.

Unha pota esquecida no lume

Non foi o único incendio urbano rexistrado no 112 Galicia nestas últimas horas. Pasadas as dez da noite de onte, ardeu unha cociña a causa dunha pota que quedou ao lume en Lalín. Ocorreu nun apartamento da Avenida González Taboada e por fortuna ninguén resultou ferido.

En canto aos danos, viuse afectada a campá extractora e os mobles do arredor.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.