Un incendio calcina unha fábrica de plásticos en Narón

Publicado por o día 23/01/2020 na sección de Sucesos

Un incendio calcina unha fábrica de plásticos en Narón

Un incendio declarado esta tarde está a afectar a unha nave dedicada ao tratamento de plásticos no Polígono Industrial Río do Pozo, en Narón.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, ningunha persoa viuse afectada polos efectos do incendio. Os servizos de emerxencia levaron a cabo a evacuación do recinto e retiraron os vehículos da zona.

Ata este momento, non consta no 112 Galicia que exista risco de contaminación para a poboación nin tampouco que se producise ningún tipo de vertedura.

Foi ao fío das 16:45 horas cando varias persoas particulares contactaron co 112 Galicia para dar conta do incendio. Nada máis ter coñecemento dos feitos, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención dos Bombeiros de Narón e de Ferrol, da Policía Nacional e Local, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade, do GES de Mugardos e de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Neste momento, segundo se lle indicou ao 112 Galicia, o incendio está controlado, aínda que a nave dáse por perdida.