Un incendio causa danos materiais nun edificio en Verín sen que ningunha persoa resultase ferida

Publicado por o día 25/01/2020 na sección de Sucesos

Un incendio causa danos materiais nun edificio en Verín sen que ningunha persoa resultase ferida

Un edificio de catro plantas situado na Avenida Portugal, no concello ourensán de Verín, resultou bastante danado a causa dun lume declarado no seu interior sen que, afortunadamente, se rexistraran danos persoais.

Segundo a información facilitada polos Bombeiros de Verín ao 112 Galicia, ardeu o tellado da terraza do primeiro piso por culpa dun material plástico almacenado próximo a unha cheminea. O lume afectou non soamente ao seu interior dese piso, como tamén á fachada da vivenda superior e, consecuentemente, o fume terminou por alcanzar ás demais plantas.

O 112 Galicia tivo constancia do lume ás 16:00 horas a través da chamada dos veciños do inmoble que percibiron o fume no tellado do edificio. De feito, as testemuñas do incidente trataron de avisar aos demais moradores do inmoble para que puidesen abandonar o lugar.

Con estes datos, os xestores do 112 pasaron aviso aos profesionais sanitarios, aos Bombeiros de Verín, aos axentes da Policía Local e aos membros de Protección Civil da localidade.

Tras rematar a intervención, os efectivos do Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento confirmaron que ninguén resultou afectado.