Un incendio causa danos materiais nunha vivenda en Sarria

Publicado por o día 31/08/2019 na sección de Sucesos

Un incendio causa danos materiais nunha vivenda en Sarria

Un incendio declarado no interior dunha casa no concello lucense de Sarria calcinou case por completo o baixo da vivenda na pasada noite. Malia a que non houbo que lamentar danos persoais, os propietarios foron orientados polos bombeiros a non pasar a noite no domicilio por mor da acumulación de fume.

O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso ao fío das 22:15 horas. Ata o lugar dos feitos desprazáronse  os Bombeiros de Sarria e axentes da Garda Civil. Os membros de Protección Civil tamén foron alertados polos axentes do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias por se fose necesaria a súa colaboración.

Incendio nun pendello en Betanzos

Outro incendio deixou cuantiosos danos materiais na madrugada de hoxe. Ás 4:00 horas, o 112 Galicia recibiu a chamada de alerta de varias persoas particulares informando que vían saír fume dunha casa na parroquia de San Martiño de Brabío, no concello coruñés de Betanzos.

Segundo puido saber o persoal do CIAE, arderon diversos vehículos almacenados no alpendre e algúns electrodomésticos. Parte da fachada da vivenda viuse afectada polas lapas pero o interior da casa non presentaba danos.

Desde o 112 Galicia, solicitouse a intervención dos Bombeiros de Betanzos, da Policía Local e dos membros de Protección Civil. Por precaución, informouse tamén aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pero, finalmente, ninguén resultou ferido.

Comentar noticia

Your email address will not be published.