Un incendio deixa danos nun tractor situado no interior dunha nave na Estrada

Publicado por o día 17/01/2020 na sección de Sucesos

Un incendio deixa danos nun tractor situado no interior dunha nave na Estrada

Un incendio declarado a pasada tarde no interior dun almacén na Estrada provocou danos nun tractor situado no seu interior, sen que o lume chegase a afectar á nave. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, as lapas afectaron á cabina do vehículo.

Os feitos sucederon na parroquia de Cardelle, ao fío das 20:20 horas.

Foi unha persoa particular quen daba a voz de alarma ao 112 Galicia e, decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento dos Bombeiros de Silleda, do GES da Estrada, da Garda Civil, do Servizo Municipal de Protección Civil e da Policía Local.

Incendio en Ribeira

Por outra banda, un incendio queimou varios instrumentos e materiais musicais no interior dun centro recreativo en Ribeira, sen que ningunha persoa resultase ferida. Sucedeu no lugar do Sego, uns minutos antes das 19:40 horas.

O 112 Galicia tivo coñecemento do lume a través dunha persoa particular. Acto seguido, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso aos Bombeiros de Ribeira, ao Grupo de Apoio e Emerxencias Municipal (GAEM) e á Policía Local.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o incendio quedou sufocado ao redor das 21:00 horas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.