Un incendio na terraza dun piso xera alarma en Vigo

Publicado por o día 14/09/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Un incendio na terraza dun piso xera alarma en Vigo

Varias persoas particulares contactaron esta mañá co 112 Galicia para dar a voz de alarma por un incendio declarado na terraza dun edificio situado na Travesía de Vigo.

As chamadas ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia producíronse ao redor das 10:15 horas. Nada máis recibir os avisos, o persoal do CIAE 112 Galicia requiriu a intervención dos Bombeiros de Vigo, da Policía Local e de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Xa finalizada a súa intervención, os Bombeiros de Vigo informaron ao 112 Galicia de que arderan varios mobles de plástico na estancia edificio, que está composto por nove andares, sen que se rexistrasen danos persoais.

Fume número 23 da Travesía de Vigo

Ao redor das 9:30 e 10 desta mañá os veciños do número 23 da Travesía de Vigo alertábanse dun intenso fume, á o lugar dos feitos trasladouse dúas unidades de Bombeiros procedentes do parque de bombeiros de Teis e dúas ambulancias como tamén a Polícia Local. Video vía Jose Angel

Publicada por Noticias de Vigo en Sábado, 14 de septiembre de 2019

Comentar noticia

Your email address will not be published.