Un incendio nun barco no estaleiro Cardama en Vigo sáldase sen danos persoais

Publicado por o día 20/10/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Un incendio nun barco no estaleiro Cardama en Vigo sáldase sen danos persoais

Un incendio declarado este sábado nun barco situado nun estaleiro de Vigo provocou danos nunha secadora de roupa e en varios camarotes da embarcación, sen que ningunha persoa resultase afectada.

Segundo informa o 112, os feitos tiveron lugar na avenida de Beiramar, á altura do número 171, ao redor das 23,00 horas da noite. Foron varias persoas as que chamaron á central de emerxencias para dar o aviso.
Seguidamente, os xestores do 112 solicitaron a intervención dos bombeiros de Vigo, a Policía Nacional, a Local e a Garda Civil. Ademais, informouse do lume a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia.

Segundo os datos facilitados á central de emerxencias, os labores de extinción do incendio finalizaron ao redor das 2,30 horas da madrugada.

Comentar noticia

Your email address will not be published.