Un incendio nun local de hostalaría en Carballo provoca danos no seu interior e nun garaxe

Publicado por o día 09/09/2018 na sección de Sucesos

Un incendio nun local de hostalaría en Carballo provoca danos no seu interior e nun garaxe

Un incendio declarado este mediodía nun local de hostalaría na localidade coruñesa de Carballo provocou danos materiais no seu interior e nun garaxe lindeiro. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, o lume comezou nunha frixideira na cociña do restaurante, que ardeu por completo, e alcanzou un garaxe no que quedaron completamente calcinados sete coches. Ademais, unha muller tivo que ser trasladada a un centro médico debido a un ataque de asma.

Os feitos ocorreron na rúa Igrexa, ao fío das 12:30 horas. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do incendio.

Acto seguido, o persoal do 112 Galicia pasaba o aviso aos Bombeiros de Carballo, ao 061-Urxencias Sanitarias, a Protección Civil e á Policía Local.