Un incendio nun piso obriga a desaloxar un edificio en Vigo sen que ninguén resultase ferido

Publicado por o día 25/08/2020 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Un incendio nun piso obriga a desaloxar un edificio en Vigo sen que ninguén resultase ferido

Un edificio da Rúa Ricardo Torres Quiroga, en Vigo, foi desaloxado esta madrugada mentres duraron as tarefas de extinción dun lume iniciado nunha das súas vivendas.

Afortunadamente, ningún dos residentes do inmoble resultou afectado nin polas lapas nin polo fume, iso si, ardeu un piso na súa totalidade. Así o relatou a Policía Local cando contactou co 112 Galicia para indicar que unha vez apagado o lume, os veciños puideran volver ás súas casas.

Todo sucedeu ao fío das 02:30 horas. Foi a esa hora cando unha persoa particular alertou aos xestores de emerxencias. Amosábase moi nerviosa e non podía asegurar se había persoas afectadas.

Por iso, desde o 112 Galicia avisouse decontado ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos Bombeiros da cidade, que xa tiñan constancia. Tamén, os axentes da Policía Local se desprazaron ata o lugar nada mais ter coñecemento dos feitos.

Pasadas as 05:00 horas, os Bombeiros daban por rematadas as tarefas de extinción.

Comentar noticia

Your email address will not be published.