Un incendio declarado a pasada noite nunha habitación dun hotel en Redondela mobilizou aos servizos de emerxencia, que desaloxaron o establecemento. Segundo puido saber o 112 Galicia, o lume orixinouse na cociña dunha das estancias e afectou ao mobiliario e á campá extractora, sen que se rexistrasen danos persoais.
Foi unha persoa particular quen alertou ao 112 Galicia para dar conta do incendio ao fío das 00:35 horas. Acto seguido, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención dos Bombeiros do Porriño, da Policía Local e de Protección Civil de Redondela. Ademais, desde o CIAE 112 Galicia informouse dos feitos aos Bombeiros de Vigo.
Segundo puido saber o 112 Galicia, foron seis as persoas desaloxadas que puideron regresar ao hotel unha vez extinguido o incendio.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.