Un incendio nunha nave industrial da Coruña sáldase sen feridos

Publicado por o día 29/03/2018 na sección de Sucesos

Un incendio nunha nave industrial da Coruña sáldase sen feridos

Un lume calcinou un trazo de corriente eléctrica nunha das naves da zona norte do Complexo Industrial da Coruña e unha parte mínima de superficie da cuberta.

Por fortuna, ninguén resultou ferido, xa que os operarios que estaban a traballar nese momento na nave abandonaron as instalacións en canto se decataron do incendio.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o lume comezou pasadas as dez da noite e fíxose visible a causa do fume que saía do tellado da nave, situada fronte ao Centro Comercial de Marineda.

Deseguido, os xestores do 112 informaron aos bombeiros da cidade que xa tiñan varias dotacións traballando no punto. De feito, comprobaron como o lume se puido iniciar nunha especie de transformador e a temperatura elevada que tomou o incendio acabou por afectar á cuberta, onde arderon aproximadamente 2 planchas duns 6 metros cuadrados.

Arredor das 23:00 horas, os efectivos do servizo de extinción da Coruña tiñan controlado e sufocado o lume, que saldouse sen persoas afectadas. A nave tiña actividade no momento no que se produciu o incendio, pois, ademais dos vixiantes, na nave había unha cuadrilla de seis ou oito operarios.

Catro persoas resultaron feridas tras unha colisión en Arzúa

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron a catro persoas que resultaron feridas tras producirse unha colisión entre un turismo e un camión en Arzúa.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o accidente produciuse ás 18:30 horas de onte na AC-0905, no lugar de Dombodán. Como consecuencia do impacto, catro persoas sufriron lesións de diversa consideración e tres delas tiveron que ser trasladadas ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

Foi un particular quen alertou a través dunha chamada ao 112 Galicia e, deseguido, activouse un operativo, no que, ademais dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, participaron os axentes da Garda Civil de Tráfico e o persoal de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas.

Cómpre salientar que o camión implicado neste accidente transportaba pienso, pero a carga apenas sufriu danos.

Accidente en Ferrol

Por outra banda, o 112 Galicia tivo constancia de dúas persoas que resultaron feridas en Ferrol despois de bater contra un piar o coche no que circulaban polo túnel de Praza de España.

Sucedeu minutos antes das catro da madrugada e ata o lugar acudiron os bombeiros da cidade, xa que un dos feridos tiña dificultades para saír do vehículo.

Finalmente, abandonaron o coche sen a necesidade de empregar os equipos de excarceración e foron evacuados por un equipo do 061-Urxencias Médicas.