Un inchable de auga estrea a programación dos xoves animados no Concello de Ribadumia

O Concello de Ribadumia informa de que esta primeira semana de agosto darán comezo diferentes actividades pensadas para ofrecer unha alternativa de ocio para os máis pequenos da casa. O escenario elixido para todos estes eventos será a Praza do Concello.

Os xoves os máis cativos poderán pasalo en grande con diferentes xogos. Inchables, obradoiros e unha festa da escuma, son as actividades pensadas para encher o cartel dos “xoves animados”, que darán comezo o día 1 coa instalación dun inchable de auga de 18:00 a 21:00 horas.

Por outro lado, o venres continúan as noites de verán cunha nova sesión de #cinenarúa coa oscarizada película “Green Book”, que terá lugar na Praza do Concello as 22:30 h., con entrada libre.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM