Un lume en Tomás Paredes remata cunha leira duns 200 metros cadrados

Publicado por o día 27/08/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Un lume en Tomás Paredes remata cunha leira duns 200 metros cadrados

O sábado ás 18:33 horas, recibiuse un aviso de incendio, esta vez na zona de Tomás Paredes.

O alertante mostraba a súa preocupación por que, aínda que se trataba unha zona de maleza, estaba próxima a un grupo de casas.

Finalmente o servizo de extinción de incendios sufocou as chamas que afectaron a unha leira duns 200 metros cadrados, ardendo na súa maioría canas e matogueira baixa, sen maior transcendencia.

Lume en Ramón Nieto

Ás 17:07 horas recibiuse chamada telefónica na Sala de Comunicacións do 092, sobre o incendio nun galpón na zona de Ramón Nieto.

Unha vez a unidade chegou ao lugar atopáronse cunha dotación de bombeiros que acababa de chegar e estaba a comezar os labores de extinción das chamas, orixinadas nun chabolo que se atopaba nun camiño de terra.

Unha vez extinguido o incendio, pescudar a identidade do dono que se atopaba nun local das inmediacións cando se orixinou o lume.

Manifiestó que alguén, debeu arroxar unha cabicha no lugar, debido a que nesa chabola acumula chatarra e obxectos de pouco ou nulo valor.

Ademais dos danos nesa estrutura, tamén se produciron na fachada lateral do edificio lindeiro como consecuencia da fumareda.

Outra actuación

De menor entidade foi o incendio rexistrado ás 00:54 horas do domingo. Neste caso o episodio foi de escasa entidade e finalmente sufocado polos veciños.
A destacar que os axentes confeccionaron informe sobre a maleza abundante da leira para que o seu propietario procedese á limpeza.

Ata catro falsas alarmas completaron as incidencias de incendios rexistrados esta pasada fin de semana.