Un lume nunha vivenda no Barco de Valdeorras

Publicado por o día 13/01/2019 na sección de Sucesos

Un lume nunha vivenda no Barco de Valdeorras

Un incendio na cheminea dunha vivenda adosada obrigou a intervir aos Bombeiros de Valdeorras. Segundo puido saber o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia a través da información comunicada pola Policía Local da localidade, sucedeu pouco antes das once desta mañá na Rúa Caneiro Galbar, no Barco de Valdeorras.

Tratouse dun lume que se orixinou nunha cheminea que se atopa entre as dúas vivendas adosadas e que pasa polo interior dun armario. Nese punto propagouse a roupa. Pouco despois, o lume quedou sufocado e ninguén resultou ferido.

Tamén, os xestores do CIAE-112 Galicia informaron aos profesionais sanitarios de Urxencias Médicas, aos axentes da Garda Civil e aos membros do GES de Valdeorras.