Un membro do GES de Ponteceso sofre unha caída cando trataba de retirar un niño de avespas na mesma localidade

Publicado por o día 01/09/2018 na sección de Sucesos

Un membro do GES de Ponteceso sofre unha caída cando trataba de retirar un niño de avespas na mesma localidade

Un integrante do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Ponteceso sufriu unha caída cando trataba de retirar un niño de avespas colocado nun alpendre na mesma localidade.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o accidente produciuse arredor das sete da tarde de onte cando varios efectivos do GES saíron a eliminar niños en diferentes puntos dos concellos de Ponteceso e Cabanas. Así, ao pasarlle desapercibido un burato que había no piso, o traballador caeu ao chan e sufriu lesións de importancia nun brazo.

Decontado, o efectivo foi evacuado polos seus compañeiros ao Centro de Saúde próximo, onde recibiu as primeiras atencións antes de someterse a novos exames co fin de coñecer o alcance das súas lesións.