Un motorista perdeu a vida esta tarde ao bater contra a barreira de seguridade da vía o vehículo que conducía.
Ocorreu pouco antes das tres da tarde na estrada da Porqueira, no concello ourensán de Muíños. Concretamente, na OU-1201, a estrada que une Muíños coa localidade de Bande.
Foi outro condutor quen deu a voz de alarma mediante unha chamada ao 112 Galicia para pedir asistencia médica para o motorista, que acababa de saírse da vía co seu vehículo. Decontado, informouse aos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias e aos membros do GES da localidade, que nada puideron facer por salvar a vida do home. Pese ás manobras de reanimación, o condutor da moto faleceu pouco despois.
Noticias de última hora en Vigo