Un motorista ferido grave en Noia ao colidir a moto que conducía contra un camión

Publicado por o día 17/07/2020 na sección de Sucesos

Un motorista ferido grave en Noia ao colidir a moto que conducía contra un camión

Un choque entre unha moto e un camión deixou unha persoa ferida de consideración no concello coruñés de Noia.

O accidente produciuse ás 15:15 horas deste mediodía. A esa hora, unha persoa particular chamaba ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia para pedir axuda para un motorista que colidira contra un vehículo de transporte de mercancías na Rúa de Galicia.

De inmediato, desde o 112 Galicia púxose a situación en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, debido á gravidade da situación informaban da saída do helicóptero medicalizado con base en Santiago. Deste xeito, a aeronave tomou terra no mesmo lugar do accidente.

Cómpre sinalar que este operativo tamén contou coa intervención dos axentes da Policía Local e dos membros de Protección Civil da localidade. Ademais, desde o 112 Galicia avisouse aos Bombeiros de Boiro e ao GES de Brión por se fose necesaria a súa colaboración.

Finalmente, o ferido foi evacuado na aeronave ata o centro hospitalario de referencia.

Comentar noticia

Your email address will not be published.